Ir al contenido principal

Escalibada

Estamos diante un prato claramente mediterraneo. Non sei si o que eu fixen está dentro dos canons puristas, pero é o que hai.

2 berenxenas
4 tomates
2 pementos vermellos
2 cebolas
Aceite, vinagre de xerez e sal Maldon


Ásanse no forno a 200º C, as berenxenas, os pementos, as cebolas e os tomates (todo cortado en rodelas salvo os pementos).
Os pementos ásanse enteiros, pélanse e córtanse en tiras, vanse poñendo as verduras en liña nunha bandexa de servicio, alíñanse con aceite, vinagre e sal. Sérvese fría.
O ser unha ensalada fría, podémola acompañar de uns langostinos. Poño foto con eles e sen eles.

A proporción que uso de aceite e vinagre, é de 3 a 1.
Un aforro de tempo: existen no mercado uns pementos do Bierzo que quitan o sentido.
Xa veredes