Pois si, aínda que pareza mentira estou por segundo día seguido por aquí, parece que vou a enganchar o ritmo. Hoxe imos a traballar con pescada. Eu usei lombos, máis pode ser a pescada en rodelas. Non dou unha medida exacta das ameixas e das gambas, que cada quen co seu gosto. Poño a medida tal como llo pedín a pescantina. Ingredientes que usei: 8 lombos de pescada ou 8 rodelas 1 allo Un par de puñados de ameixas Un par de puñados de gambas (peladas) 1 cullerada de fariña Perexil Un vaso pequeno de viño branco Sal e aceite Picamos o allo e dourámolo en aceite. Engadimos as ameixas e as gambas peladas, damos unhas voltas e engadimos a fariña. Movemos a cazola. Sazonamos os lombos da pescada e poñémolas na cazola. Chorriño de viño branco mover a cazola e deixar evaporar o alcohol. Engadir perexil picado e auga. Cociñar uns 5 minutos movendo a cazola para que ligue o prebe. Engadir máis perexil picado para servir. Rápido e fácil, mentres se pon a mesa faixe. A saboreal
Aprendemos xuntos.