Ir al contenido principal

Zancos de polo glaseados con vinagre de Módena

Ir a receita en castelán
 
Que tal, despois destes case que dous meses sabáticos que me votei, volvo a asomarme por este curruncho.
Case non acerto a facelo, pasoume coma aquel que foi a aprender o inglés e cando volveu non sabía falar o galego, ata que pegou co angazo nas narices.
Neste tempo tiven a ocasión de coñecer a Conchi de Cocinando con setas, un blog máis que recomendable e unha marmelada de setas enorme ca que me agasallou.
Neste retorno imos a comenzar con algo moi sinxelo, por aquelo de ir collendo ritmo.

Procuraremos:
8 zancos de polo Corral Coren
100 ml de vinagre balsámico
200 ml de viño branco
1 cullerada de mel
Aceite de oliva
Sal
Pementa

Salpimentamos os zancos e dourámolos en aceite de oliva.
O tempo mesturamos o vinagre, o viño e a mel.
Poñemos os zancos nunha bandexa que poida ir o forno e regamos ca mestura feita.
Prequecemos o forno a 180º e poñemos uns 30 minutos ou ata que se vexan feitos.
Durante este tempo imos regando regularmente co seu propio prebe.
Se o prebe non ten a consistencia desexada, retiránse os zancos e reducimos nunha cazola.
Coma guarnición un arroz branco, un puré de patacas, unhas verduras a prancha, etc.
Xa vedes, sinxelo e rápido. Ollo os sabores: vinagre e mel.