Ir al contenido principal

Presa con cebola confitada

Ir a receita en castelán

Que tal estamos, hoxe fixen outra receita usando algún dos produtos da marca Selecta de Coren. Nesta ocasión usei presa en filetes.
Unha receita sinxela, rápida e con uns bos resultados.
Para dúas persoas, imos a procurar:

1 Bandexa de presa de Selecta Coren
3 Patacas
1 Cebola morada
Aceite
Sal Maldón
Azucre
Vinagre de Módena

Cortamos as patacas en rodelas e fritimos a lume moderado, dándolle máis calos para rematalas.
Mentres se fan as patacas, cortamos a cebola en plumas finas. Nun cazo con un par de culleradas de aceite pochamos a cebola a lume brando, cando estea engadimos o azucre e deixamos seguir facéndose, para por último agregar o vinagre en cantidade necesaria. Deixamos caramelizar.
Poñemos nos pratos de servizo unha cama formada cas patacas e a un lado un montonciño de cebola.
Facemos a prancha os filetes de presa un par de minutos por cada cara, e póñense por riba da cama de patacas. Salgamos ca sal Maldón.
Servir e non deixar arrefriar a carne. Moi bo.