Ir al contenido principal

Crema de amorodos e iogur

Ir a receita en castelán

Xa facía tempo que non me poñía con unha sobremesa, pois hoxe imos con ela. O outro día vin uns preciosos amorodos, en realidade máis bos de presencia que de sabor.
Non imos a usar a cociña nin o forno, todo en cru e necesitaremos:
300 grs de amorodos
3 iogures tipo grego
100 ml de tona líquida
2 culleradas de mel

Limpamos os amorodos, (xa sabedes o rabo non se lle quita ata despois de lavados, co fin de que non lle entre auga), partímolos en anacos, reservando algúns para decorar. Trituramos ca batedora e para que resulte máis fino pasámolo polo chino.
Póñense os iogures, a tona, a mel e bátese ata lograr unha crema fina.
Mestúrase esta crema resultante co puré de amorodos e sérvese en copas individuais.
Adornamos con amorodos reservados e un fío de mel.
Xa vedes sen complicacións e de bo resultado.