Ir al contenido principal

Milfollas de berenxenas con carne e verduras

Ir a receita en castelán

Esta receita chegou a casa de man da miña dona. E unha colaboración da súa compañeira Cristina. Unha vez na casa dixen: mans a obra.

Para esta receita necesitaremos:
2 dentes de allo
1 porro
1 pemento vermello
1 cabaciña pequena
100 grs de champiñóns
2 berenxenas
50 grs de queixo relado
250 grs de carne picada
Prebe de tomate
Sal, pementa negra e aceite
PARA A BECHAMEL
1/2 litro de leite
30 grs de manteiga
30 grs de fariña
Sal, pementa branca e noz moscada

Cortamos as berenxenas en rodelas finas, salgamos e regamos con aceite. Nunha tixola ou prancha quente facemos polos dous lados. Reservamos en papel absorvente para quitar o exceso de aceite.
Cortamos en dados o resto das verduras e facemos a lume brando. Cando estean no seu punto engadimos a carne, salpimentamos e damos unhas voltas para mesturar. Engadimos o prebe de tomate. E reservamos.
Facemos unha bechamel lixeira do xeito habitual e engadimos parte as verduras e carne reservadas.
Para a presentación podemos facer un estilo de lasaña ou en aros de empratar (opción que escollín eu). Imos poñendo capa de berenxenas, capa de carne con verduras, ata rematar con carne. Botamos por riba do último piso unha pouca bechamel, o queixo relado e, o forno prequecido a 200º ata que estea gratinada a superficie.
No caso de querer un prato vexetariano, fácil non engadimos a carne, máis a carne da un punto a esta mestura de verduras.