Ir al contenido principal

Empanadillas de pisto con chourizo

Ir a receita en castelán

Boas e calorosas tardes, aínda que parece que imos uns 15 grados para abaixo. Así andamos, véndovos unhas costas doridas, o sábado temos andaina pola Costa da Morte e dame a impresión que me vou a quedar na casa.
Ben, aproveitando unha receita anterior fixen unhas empanadillas, e para elas imos a necesitar:

1 paquete de obleas La Cocinera
1 berenxena
1 cabaciña

1 pemento italiano vermello

1 pemento italiano verde

1 cenoria

1 cebola pequena

1 porro (a parte branca)

2 tomates pera relados

1 dente de allo
 
1 chourizo
Touciño
Sal, pementa negra e aceite.

Para a confección do pisto remítovos a receita de "Pisto con ovo frito".
Xa vedes ata me aforro a descrición da receita.
O que tedes a maiores e incorporarlle o pisto o chourizo sen pel e en anacos pequenos e uns anacos de touciño. Integrar todo.
Aviso: antes de facer as empanadillas, escorregar ben a graxa do pisto.
Con respecto a masa, vos mesm@s ou a facedes ou empregades as obleas que por outra banda dan un bo resultado.
Probádeas.