Ir al contenido principal

Ovos encapotados

Ir a receita en castelán

Eu non sei se o nome correcto da receita é como o puxen ou si é doutro xeito. Na miña casa sempre se chamaron así e o recordo é de xantalos con patacas fritas e prebe de tomate.
Non é complicado de facer, unicamente hai que ter paciencia pois é un prato que require de 3 preparacións: bechamel, os ovos fritos e a preparación final do prato.

Un aviso para que a fotografía non leve a enganos, eu utilicei ovos de paspallás e o seu son ovos de galiña.

Necesitaremos:

PARA A BECHAMEL
1 litro de leite
100 grs de manteiga
100 grs de fariña
Pementa branca
Noz moscada
Sal

Ovos
Fariña
Ovo para rebozar
Aceite e sal

Fritimos os ovos e salgamos. Coido que cas indicacións que dou para 1 litro de bechamel, debería de dar para 6 ovos.
Facemos unha bechamel coma se fora para facer croquetas, non quero presumir pero entendo que son as medidas perfectas.
Votamos a manteiga nun cazo e así que estea derretida incorporamos a fariña de golpe. Cunhas varillas ou culler de madeira mesturamos ben.
Unha vez feito o roux, imos incorporando a leite quente os poucos e remexendo ben para evitar os grumos. Unha vez incorporada toda a leite, cocemos sen para de remexer durante uns 15 ou 20 minutos e salgamos, botamos a pementa branca e a noz moscada o gusto (se nos quedasen grumos aplicamos a técnica do batedor eléctrico).
Poñemos unha base de bechamel, un ovo por riba e outra capa de bechamel que tape o ovo e que de ben pechado o conxunto.
Tapamos con film transparente, para que non collan costra e deixamos a arrefriar na neveira.
Unha vez que se poden manipular e con moito coidado, pasamos por fariña e ovo. Fritimos en aceite quente polos dous lados, insisto tendo coidado o darlles a volta.
Para un día de choiva, coma o de hoxe, que non apetece moito saír, unha forma de ocupar o tempo e desfrutar da cociña.