Ir al contenido principal

Robaliza deitada sobre patacas panadeira

Ir a receita en castelán

Coma primeiro comentario direi que non sei se o nome da receita é o correcto, pero a min gústame.
O outro día de paso por un super, e sen intención de ir a peixería, houbo algo que me chamou a atención, eran unhas robalizas que pegaban saltos na exposición. Robalizas da ría a un prezo "alcanzábel". Díxenlle a miña dona que nos iamos a dar unha pequena homenaxe de quilo e medio en forma de peixe.

Elementos para a homenaxe:
1 robaliza da ría
3 patacas boas
1cebola mediana
1 dente de allo
Pimentón agridoce de La Vera
Un chorro pequeno de vinagre de viño
Aceite e sal Maldón


O primeiro e pedir que nos limpen ben e nos abran a robaliza, traballo que nos aforramos.
Lavar e secar, untar con unha brocha con aceite de oliva por dentro e por fora. Reservar.
Cortamos as patacas para panadeira e a cebola en rodelas. Facemos en aceite e cando vemos no seu punto, pasamos a unha fonte de forno no que se vaia a facer a robaliza.
Nunha tixola untada con aceite, facemos a robaliza pola parte da pel ata que estea dourada. Pasámola a bandexa ca cama das patacas e metemos no forno, prequecido a 180/190º, durante uns 20 minutos.
Mentres, facemos o allo laminado en aceite, engadimos o pimentón, cuidando que nos se queime, e xa fora do lume botamos o vinagre (a xeito ou podemos facer un geiser)e cando colla temperatura, mesturamos o conxunto o lume.
A falta de 5 minutos de forno, regamos a robaliza con un pouco da allada.
Nada mais saír do forno, a mesa. Salgamos con sal Maldón e acompañamos a mesa co resto da allada por se alguén quere botarlle máis.
Simplemente deliciosa.