Ir al contenido principal

Pescada en prebe de pementón

Ir a receita en castelán

Xa está ben o calor que fixo estes días, estamos cos termómetros no disparadeiro, é o que nos queda nesta cidade. Acabamos de empezar.
Falando do noso, imos a meternos con un prato de pescado, máis concretamente de pescada.
Neste prato ben podemos utilizar partes sen espiñas, coma os medallóns, ventrescas, solombos ou unhas boas rodelas de pescada cortadas coma para cocer.

Entón imos a precisar para 2 comensais: 
4 medallóns de pescada
Gambas
Espárragos verdes
2 dentes de allo
1 culler pequena de pementón agridoce
1 culler de fariña
1 vaso de viño branco
1 vaso de caldo de pescado
Perexil, aceite, sal e pementa

Nunha cazola botamos aceite e sofritimos os allos fileteados. Cando comenzan a coller cor incorporamos o pementón, coidando de que non se nos queime. Remexemos e incorporamos a fariña, damos unhas voltas para que se mesturen ben todos os elementos.
A continuación botamos o viño branco e deixamos que se evapore o alcohol, para posteriormente botarlle o caldo de pescado.
Deixamos que se faga a lume brando uns minutos e salpimentamos o gusto.
Cando o prebe adquire unha textura do noso gusto, incorporamos a cazola os anacos de pescada e deixamos facer amodo. Se vemos que o prebe espesa moito, botamos un pouco máis de caldo.
Cando vemos que lle quedan uns 5 minutos engadimos as gambas peladas e deixamos facer.
Empratamos regando por riba da pescada o prebe, con uns espárragos verdes e botándolle o perexil picado por riba de todo o conxunto.
Poñede un bo pan, que a cousa vai de mollar.
A gozalo.