Ir al contenido principal

Tosta de cantharellus cibarius, xamón e queixo de cabra

Ir a receita en castelán

Con aqueles cantharellus que me dera Conchi de Cocinando setas fixen outra receita, neste caso unha tosta.
Non é que gardara as setas ata hoxe, estarían boas, o que pasa é que estiben algo liado noutros mesteres, pero xa de novo por estes lares a dedicarlle un pouco máis de tempo a cociña.
Ben os ingredientes en cantidades suficientes en función dos que piquen. Tede por contado que repetiran.

Precisamos:
Cantharellus cibarius
Xamón ibérico (ou outro)
Queixo de cabra en rulo
Allo
Pan
Pementa negra
Aceite de oliva

Despois de ben limpas e aseadas as setas, cortamos pola metade as máis grandes e reservamos.
Facemos as tostas no forno de xeito que xa teño dito, 200º sen prequentar e 5 minutos.
Fileteamos o allo, picamos o xamón en tiras finas e o queixo en anacos.
Nunha tixola poñemos aceite de oliva e os filetes de allo, antes de tomen cor engadimos as setas e a pementa negra recen moída. Facemos uns minutos, deixando que evapore parte da auga, engadimos o xamón e salteamos o conxunto e por ultimo o queixo ata que tome a textura de crema.
Temos as tostas preparadas e cubrímolas.
Servir quentes.
Veredes que na lista dos ingredientes non fago mención a sal, estade atentos pois cociñamos con xamón e queixo.
Outra consideración: non abusedes do xamón e do queixo é necesario equilibrar os sabores e que non se tapen uns os outros.