Ir al contenido principal

Salpicón de langostinos

Ir a receita en castelán

Pois ben parece que estamos no que definen coma un "verán inglés", debe ser cousa da crise e do rescate que ata nos quedamos sen verán e préstannos un, xa veremos como lle pagamos os intereses.
Mentres desaparece e ven de unha vez o noso, imos con unha receita moi apropiada para o calor, e para ela necesitaremos:

Langostinos cocidos

1/2 pepino
1/2 pemento vermello
2 tomates
1 ceboleta
6 pepinillos en vinagre
Vinagre
Perexil e ceboliño
Aceite de oliva, sal e pementa

Cortamos os langostinos en anacos e reservamos.
Lavamos todas as verduras.
Abrimos o pepinillo pola metade e retiramos a parte das sementes. Cortamos en dados.
Pelamos os tomates, limpamos de sementes e cortamos tamén en dados. Facemos a mesma operación co pemento.
A ceboleta picámola fina e tamén os pepinillos.
Mesturamos todas as verduras xunto cos langostinos, aderezamos o noso gusto e presentamos con perexil e ceboliño picado por riba.
Un primeiro prato fresco e saboroso para este verán GALEGO.