Ir al contenido principal

Xoubas fritas

Ir a receita en castelán

Parece que chegou o verán con calor africano incluido. Pero esta ben hai que darlle vidilla o persoal.
Pois como estamos no tempo, que vos parece si preparamos unhas xoubas, pois imos a elo. Como aviso, os que non lle guste o sabor a vinagre, remata a receita neste momento.

Para 4 pax necesitaremos aproximadamente:
600 grs de xoubas
2 ou 3 patacas boas
Vinagre de Xerez
Ovos
Pan relado
1 dente de allo
Perexil
80 grs de noces peladas
1/2 limón (o zume)
Aceite de oliva, pementa e sal

Limpamos as xoubas e temos dúas opcións: poñelas enteiras ou abertas e sen espiñas (boa opción se hai nenos).
Poñémolas a marinar unha hora cubertas co vinagre de Xerez.
Pélanse as patacas e córtanse en rodelas coma para fritir. Poñemos un cazo con auga, sal e vinagre e cocemos uns 2 ou 3 minutos as patacas. Escoamos e reservamos nun pano.
No vaso do batedor poñemos as noces, medio dente de allo, o zume do limón, 4 culleradas de aceite e 4 de auga. Batemos o conxunto, a continuación salpimentamos e engadimos perexil picado.
Picamos o outro medio allo e máis perexil e mesturamos co pan relado e pementa moída.
Poñemos a escoar as sardiñas e salgamos.
Pasamos as rodelas de pataca por ovo batido e pola mestura de pan relado, fritimos ata que estean douradas.
Facemos a mesma operación cas xoubas.
Presentar acompañadas co prebe.