Ir al contenido principal

Crema de cabaciña

Ir a receita en castelán

É sábado pola mañá e de momento luce o sol. Vou a poñer nesta entrada unha receita de unha crema, que se pode servir tibia, e que sería un primeiro para o domingo estupendo por dúas razóns: que é moi saboroso e que se pode deixar feito con antelación para que non nos enrede o domingo. Importante tamén é unha maneira de que os máis cativos da casa coman verduras.
Para 4 persoas (aprox) imos a necesitar:

1 kg de cabaciña
2 porros
1/2 cebola
2 patacas medianas
1litro ou 1 1/2 de caldo de verduras
Aceite, sal e pementa

Cortamos os porros e a cebola en anacos e deixamos facer, a lume brando, nunha cazola con aceite ata que estean brandos pero sen tomar cor.
Mentres pelamos a cabaciña e cortamos en dados, o mesmo cas patacas.
Cando os porros e a cebola estean, engadimos as patacas e a cabaciña. Salpimentamos e refogamos o conxunto uns minutos removendo.
Cubrimos co caldo de verduras e deixamos facer uns 25 minutos aproximadamente.
Na mesma cazola batemos ata conseguir unha textura uniforme, sen tropezos.
Neste momento a crema serviría para xantar, sería un puré de verduras, máis eu prefiro despois de batida, pasala polo chino. Queda máis fina e sedosa.
Como comentaba, se é un día moi quente pódese servir tibia e acompañada de uns picatostes e un fío de aceite de oliva virxe. O aceite pode ser trocado por un fío ou unhas gotas de tona.
Sen dúbida unha boa opción.