Ir al contenido principal

Crema de tomate e iogur

Ir a receita en castelán

Bos días de domingo, que tal se hoxe de primeiro poñemos unha crema, servida a temperatura ambiente, de tomate.
Pois se nos metemos con ela necesitaremos:

800 grs de tomates
1 porro
1 pataca
1 iogur grego
Aceite
Sal
Pementa
Alfábega

Picamos o porro e cortamos as patacas e os tomates en anacos.
Nun pouco de aceite pochamos os porros. Así que comencen a estar brandos, engadimos as patacas e sofritimos uns 5 minutos o conxunto. Engadimos os tomates e remexemos o conxunto uns 5 minutos.
Salpimentamos incorporamos a auga necesaria (ata cubrir) e deixamos facer entre 2 e 25 minutos.
Retiramos do lume e pasamos polo batedor ata obter unha crema fina.
Deixamos arrefriar e podémola presentar na mesa ben e chupitos ou en prato, engádese unha cullerada de iogur, alfábega picada e unhas gotas de aceite de oliva.
Fácil de execución e de bonita presentación.