Ir al contenido principal

Lombos de xulrelos (chinchos) en escabeche

Ir a receita en castelán

Que tal se probamos un pouco de peixe en escabeche? Pois ben, vou a facer un escabeche moi suave, que cada quen xogue co vinagre o seu gusto. Unha boa proporción é de 3 a 1.
Entón imos a precisar:

Xureliños
1 cebola
3 dentes de allo
1 cenoria
2 follas de loureiro
1 cullerada de pementón
Aceite
Vinagre
Fariña e sal

Limpamos ben os xurelos, salgamos e pasamos pola fariña.
Fritimos no aceite e reservamos.
No mesmo aceite engadimos o allo, a cebola e as cenorias, deixamos facer ata que a cebola estea branda, sen que chegue a queimarse.
Retiramos do lume e engadimos o pementón (como xa sabedes eu uso do agridoce de La Vera), damos unhas voltas e incorporamos o vinagre na cantidade que vos guste. Neste punto quero facer unha advertencia, ollo co vinagre e o aceite quente, se non queredes facer un volcán na vosa cociña, facédeo fora do lume.
Volvemos a levar o lume e remexemos uns minutos para que se mesturen todos os elementos.
Poñemos os xurelos nunha fonte adecuada e cubrimos co escabeche.
Deixamos arrefriar e deixalo na neveira o menos 24 horas, se vos serve eu tívenos 72 horas.
Para presentalos na mesa, retireille a pel e as espiñas. Presenteinos en lombos con arroz branco e salseado o conxunto co escabeche.
Sen comentarios.