Ir al contenido principal

Repolo con refrito e queixo do país

Ir a receita en castelán

Que si, que aínda que sexa verán tamén se pode comer repolo.
Neste caso vainos a dar un primeiro prato sinxelo pero de contundencia.
Para a preparación deste prato sérvenos calquera queixo fresco que temos por esta nosa Galiza. Con queixos de fora de Galiza, non lle iría mal unha Torta del Casar, un queso tenro de Mahón ou Manchego.
Para levalo a cabo precisaremos:

1/2 repolo
1 lasca grosa de touciño
Queixo do país
2 dentes de allo
Pementón agridoce de La Vera
Aceite e sal.

Quitamos as follas exteriores do repolo, cortamos en xuliana e lavamos ben.
Procedemos a cocelo en auga con sal ata que estea o dente, non convén que se pase.
Mentres se coce laminamos os dentes de allo e cortamos en tiras o touciño.
Unha vez cocido escoamos ben a auga.
Nunha tixola poñemos aceite a quecer e facemos os allos sen que se queimen e o touciño.
Xa fora do lume incorporamos o pementón, remexemos e volvemos a levar o lume botándolle a mestura o repolo a escoar. Damos unhas voltas e engadimos máis pementón se fose necesario.
Enchemos uns aros ca mestura do repolo e por riba o queixo do país. Levamos o forno a 200º ata que o queixo se funda.
Desmoldamos no prato de servizo e regamos un fío de aceite de oliva.
Servir quente. Comamos coma galegos.