Ir al contenido principal

Zancos de polo o forno con prebe de herbas e olivas

Ir a receita en castelán

Bos días a tod@s no que din que vai a ser o máis quente do verán. Que cada quen o aguante coma poida.
Respecto o que nos ocupa imos a pelexar hoxe ca carne de polo, que aparte do que nos aporta, tamén é a que está máis o alcance, vendo os tempos que están a correr.
Pois ben necesitaremos o seguinte:

4 zancos de polo
4 contrazancos de polo
11/2 cebolas
2 cenorias
4 culleradas de olivas verdes
2 culleradas de olivas negras
1 dente de allo
1 tomate
Tomiño
Perexil
Aceite, pementa e sal

Pelar e picar as cebolas o allo e o tomate. Pelar as cenorias e cortalas en rodelas.
Refogar a cebola en aceite uns 10 minutos e a continuación incorporar o allo e a cenoria, remexer e deixar facer uns 4 minutos.
Pasado o tempo agregar as olivas o perexil picado e un vaso de auga. Deixar cocer tapado e a lume brando uns 20 minutos.
Mentres lavamos e secamos o polo, poñémolo nunha fonte de forno, salpimentámolo, botámoslle por riba o tomiño e regámolo con aceite de oliva.
Introducimos no forno prequecido a 200º, uns 30 minutos. Pasado o tempo dámoslle a volta e facemos uns 20 minutos máis.
Engadimos o prebe de olivas e facemos 10 minutos máis.
A mesa e servir quente.