Ir al contenido principal

Croquetas de patacas e bacallau

Ir a receita en castelán

Despois de uns días desconectado, estou novamente por estes lares. Non me negaredes que estamos no mes de agosto, ou polo menos iso din as temperaturas. Levo pasado máis calor nestes días que en todo o verao. O corpo xa me empeza a pedir o tempo de outono.
Pois como estamos en agostembre imos con unha receita que nos pode servir de tapeo e chiqueteo. As cantidades en función do número de croquetas a facer.
Como indicativo imos a necesitar:

250 grs de patacas
250 grs de bacallau desalado
Cebola
Perexil
Allo (opcional)
Ovos
Pan relado
Aceite e sal

Poñemos a ferver auga e no momento que rompe o fervor incorporamos o bacallau en migas, deixámolo uns segundos e retiramos a un coador.
Na mesma auga de cocer o bacallau, cocemos as patacas en anacos.
Cando estean cocidas poñémolas xuntas co bacallau e chafamos o conxunto con un garfo.
Picamos miúdo a cebola, o allo e o pirixel e incorporamos a mestura das patacas co bacallau. Probamos de sal e rectificamos se fose necesario.
Batemos un ovo e incorporamos, remexendo ben para que a masa o absorba.
Formamos as croquetas que pasaremos por ovo e pan relado e fritiremos en aceite ata que estean douradas.
Un delicioso aperitivo ou prato que se pode acompañar con unha maionesa ou un prebe de tomate, etc.
Xa vedes rápido e sinxelo.