Ir al contenido principal

Fritos de cabaciña

Ir a receita en castelán

Bos días neste domingo estupendo de sol e unha boa temperatura. Este é o momento de comenzar o tempo de lecer, as estacións están a trocar.
Coma suxestión para o día de hoxe A Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz. Unha boa forma de pasar o día ou soamente a tarde.
No que toca a esta entrada seguimos un pouco co aire vexetal do Mediterráneo.
Para esta nova preparación con cabaciña precisaremos, aproximadamente, para 4 persoas o seguinte:

2 cabaciñas (segundo tamaño)
2 ovos
3 culleradas de fariña
2 culleradas de parmesano relado
2 culleradas de pan relado
1 cebola pequena
2 ramas pequenas de tomiño
Pementa negra
Aceite e sal.

Lavamos as cabaciñas, despuntamos e pasamos polo relador de corte grande. Pelamos a cebola e facemos a mesma operación.
Envolvemos en panos de cociña, por separado, e apertamos ben para extraer toda a humidade (coma se envolvéramos un caramelo), para que queden mellor os fritos.
Batemos os ovos nun bol grande ata que estean espumosos.
Aromatizamos cas follas do tomiño e a pementa, e engadimos o queixo e unha chisca de sal.
Incorporamos a cebola e a cabaciña e mesturamos todo. Botamos a mestura a fariña e o pan relado e remexemos ata obter unha masa fluída.
En aceite quente imos botando culleradas de masa, que faremos apenas un minuto por cada lado, ata que estean dourados. Pasámolos a papel de cociña para eliminar o exceso de graxa.
Servir quentes. Pódense acompañar de un prebe de tomate aromatizado con alfábega picada.
Unha boa opción para presentar vexetais os máis cativos da casa.