Ir al contenido principal

Gastro Bloggers no Grupo Reboreda Morgadio


Como xa víñamos anunciando estes días atrás, onte 8 de setembro tivemos unha xornada de enoturismo na Adega Reboredo Morgadío.
Teño que confesar que xa ía entregado de antemán, pois o viño branco Gran Reboreda de esta adega, xa hai tempo que forma parte das miñas comidas festivas e especialmente con xente de fora de Galiza. É una aposta que nunca falla.
Esta xornada serviu, ademais, para reencontrarme con compañeir@s de este noso mundo do blog gastronómico, coñecer e ampliar amistade con nova xente. Lamentar a ausencia, por motivos laborais, de Alfonso López de Recetas de rechupete o que non coñezo persoalmente e si tiña gañas de facelo.
Pois nesta xornada de enoturismo co Grupo Reboreda Morgadío xuntámonos Rubén Amorín (alma mater da xornada) de Ni mata ni engorda, Manuel Bustabad de Vagón de cola, Begoña Pérez de Violetas en mi cocina, Carmen Albo de Guisándome la vida, Loly Llano de O garfelo, Victor de O bandullo, Berta Castro de El sabor de lo dulce, Fidel Martín de El turista cultural, Manuel de Cervexeando e un servidor de este blog que estás a ler.
Sobre as 12 do mediodía chegamos a adega e recibíronnos Ana Méndez e Jacob do equipo de dirección da adega. logo de un primeiro contacto xiramos unha visita as viñas da propiedade, onde ademais de ver as mesmas tivemos a ocasión de admirar as fermosas vistas que desde as viñas hai do rio Miño.
A mestura do rio cas viñas e aderezado cunha xornada de luz brillante, facían que a contemplación do conxunto axudara a unha grata relaxación.
Logo da visita as viñas e despois dun refrigerio co que nos agasallaron e que fixo pe o primeiro contacto co viño, invitáronnos a ver a adega por dentro e o proceso de elaboración. Atendendo as explicacións do proceso e o mimo que transmitían do trato a uva, non é nada raro que o produto resultante sexa de calidade.
A continuación trasladámonos as viñas da parte alta. Si as vistas anteriores eran moi boas, o gañar altura tornáronse en espectaculares. Pois con ese fondo foi como comenzamos a facer ese milagre da conxunción de viño ca cociña, esta última dirixida por Juan Pablo Carral de a Taberna O Carreiro de Neda (Ferrol) que para comenzar cos brancos da adega Gran Reboreda (Ribeiro) e Morgadío (Albariño) preparou unhas navallas a prancha con allo e perexil e unha espetada de polbo e langostinos con crujiente de yuca, champiñón e ameixa (espetada co que gañou o concurso de pinchos de Neda. O resultado non puido ser mellor o acompañalo con ese Gran Reboreda fresco co que eu acompañei o xantar. Evidentemente tamén estaba presente o albariño Morgadío, pero dado que persoalmente non son moi devoto do mesmo inclineime polo ribeiro.
A nosa degustación continuou con unha tosta de xamón con ovo de paspallás e outra de solombo con pementos do piquillo. Neste momento fixo a súa aparición o viño tinto da Adega, un viño mencía. Dende a miña incultura vitivinícola puiden apreciar un viño con suavidade na boca, y cun regusto moi agradable, non votei en falla a dureza de outros mencías que teño probado. Eu que non son moi devoto dos viños tintos do Ribeiro, aplaudo este mencía (dicir que sinto una especial predilección polos mencías).
Coma remate de esta deliciosa degustación, apareceu en escena o que para min foi a estrela da xornada, xunto ca sobremesa que o acompañou: estou a falar de Alma de Reboreda, un tostado que casou perfectamente cunha sobremesa que Juan Pablo trouxo de Neda "Prolla" un biscoito moi suave e de un sabor tan doce que foi o acompañante perfecto do tostado.
Nada máis probar o tostado (unha encomiable recuperación que están a facer deste viño no Ribeiro) viñéronme recordos dos Nadais da miña infancia, no que nos deixaban tomar unha máis que pequena copa do viño tostado que nunca fallaba por esas fechas.
Segundo nos explicaron sobre a elaboración deste viño, estamo a falar da elaboración dun produto practicamente artesanal.
Pois se todo o anterior fose pouco, tivemos unha estupenda e distendida sobremesa ata iso das  6,30 na que tivemos tempo de discutir do divino e do humano e ca que dimos por rematada esta xornada de enoturismo nas Adegas do Grupo Reboreda Morgadio.
Soamente me que queda agradecervos a tod@s a xornada tan agradable que pasei na vosa compaña.
Ata próxima.
Deixo o enlace do telexornal da galega, onde polo minuto 29 sae unha nova do evento.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-fds-414228 

A protagonista da anécdota do día foi Berta Castro, pero que sexa ela quen vola conte.