Ir al contenido principal

Patacas Hasselback

Ir a receita en castelán

Con todo este ir e vir está un pouco de lado a publicación de receitas, pero imos a poñerlle remedio.
O outro día nesa xuntanza de blogguers, comentei a forma de preparar patacas de xeito un pouco distinta coma guarnición.
Teño que recoñecer que coñezo algunhas formas de presentar patacas (ponte grande, chips, rexilla, palla, cerilla, en puré, duquesa, bolas, cadrados, panadeira, etc.), pero nunca vira as Hasselback.
Imos con elas e procuraremos:

Patacas novas
Mestura de 5 pementas
Follas de herbas (romeiro, ourego, tomiño...)
Manteiga (opcional)
Pementón agridoce de La Vera
Sal e aceite
Sal Maldón (para a presentación)
 
Recomendo que non sexan moi grandes as patacas, pois xa sabemos o que tardan en facerse no forno.
Lavamos ben as patacas e temos que proceder a facerlle cortes ata deixala coma un libro. Os cortes non poden chegar o fondo da pataca e para elo poremos na mesa de traballo coma dúas guías en paralelo, sobre as que pousaremos a pataca con unha parte por debaixo das guías e poder cortar con tranquilidade.
Prequecemos o forno a 220 º e poñemos as patacas nunha bandexa, untada con aceite, que poida ir o forno.
Colocamos entre algúns dos cortes das patacas follas da herba que escolléramos para aromatizar, salgamos e regamos con aceite e poñemos no forno uns 35 minutos (os tempos do forno van a depender do tamaño das patacas).
Pasado o tempo sacamos do forno e somos xenerosos aderezando ca mestura de pementas.
Regámolas co aceite da cocción ou pódese poñer por riba delas uns dados de manteiga.
Lévamos de novo o forno e deixamos facer ata que estean douradas e o voso gusto: tenras ou máis secas.
Unha vez fora do forno botamos a sal Maldón, o pementón e regamos cos xugos da cocción.
Podémolas usar coma guarnición ou case coma primeiro prato.
Unha presentación que chama a atención. Polo menos a min.