Ir al contenido principal

Paté de champiñóns con prebe de queixo

Ir a receita en castelán

Bos días a tod@s neste novo día soleado de mediados de agostembre.
A receita que poño hoxe consta de un paté que collo prestado da boa amiga Conchi Zúñiga de Cocinando Setas, un estupendo blog no que os amantes das setas ides a desfrutar. Estou seguro que Conchi usou unhas setas máis saborosas, eu quedei co humilde champiñón.
O prebe de queixo o tradicional con queixo e tona.
Pois para poñernos maos a obra, necesitaremos o seguinte:

PARA O PATÉ
300 grs. de champiñóns
200 ml de tona
2 ovos
Manteiga
Sal, pementa negra, allo e pirixel
PARA O PREBE DE QUEIXO
1 cullerada de queixo de untar
100 grs de queixo semicurado
300 grs de tona
1 dado de manteiga

Pois con todo xa preparado, comenzamos polo paté.
Limpamos ben os champiñóns, cortamos e salteamos nunha pouca de manteiga. Deixamos que evapore o exceso de auga e engadimos o allo, o pirixel, a pementa e a sal.
Cando estea feito, mesturamos ca tona e cos ovos batidos. Pasamos a mestura polo batedor.
Este é o momento de pasar a mestura anterior a un molde, eu igual que Conchi fíxeno en moldes pequenos.
Metemos no forno prequecido a 200º e nun baño maría, uns 45 minutos. O sobrante podédelo conxelar para outra ocasión.
Para o prebe quentamos nun cazo a manteiga e botamos o queixo semicurado en anacos e a cullerada de queixo crema, deixamos que se desfagan e collan textura.
Engadimos a tona e facemos a lume baixo ata que colla a textura, uns 10 ou 12 minutos.
Presentamos o paté cuns fíos de prebe de queixo e cunha salseira o lado por se alguén se quere poñer máis.
Un prebe de tomate confeitado non lle iría nada mal tampouco.