Ir al contenido principal

Bacallau dourado

Ir a receita en castelán

Nestas semanas atrás pasei a Portugal dende Badajoz. Pois ben, iamos ca idea de xantar no restaurante A Bolota que se encontra a uns 25 km de Badajoz concretamente en Terragem, Elvas; onde por certo xantamos realmente ben. Non ía ca idea de tomar bacallau, pero chamoume a atención un prato da carta: "Bacallau Dourado", nunca o vira e entre preguntas e o que eu fun vendo na rede cheguei a facer a receita que vos relato.
Para dúas persoas imos a necesitar:

200 grs de bacallau desmigado
2 patacas boas
1 cebola mediana
2 dentes de allo
3 ovos
Pirixel
Aceite e sal

Poñemos o bacallau a desalgar segundo costume. Facemos migas do bacallau, mellor ca mao que cortalo co coitelo (tamén existe a posibilidade de mercalo en migas, pero non sempre é da calidade que buscamos). Reservamos.
Cortamos a cebola e o allo ben miúdos e pochamos ben ata que a cebola estea ben branda. Engadimos o bacallau reservado e refogamos uns minutos. Reservamos.
Pelamos as patacas e cortámolas en palla. Axudaría moito o facelo cunha mandolina, se non paciencia e facelo a base de coitelo.
Fritimos as patacas en aceite quente e pasamos a un prato con papel de cociña para extraer o exceso de graxa.
Batemos os tres ovos e engadimos o bacallau reservado e a metade das patacas feitas. Remexemos ben e facemos o conxunto a lume medio para que nos quede cremoso.
Presentamos ca outra metade das patacas palla.
Ides a desfrutar de un delicioso prato e unha estupenda opción para o fin de semana. Aínda estades a tempo de poñelo de auga. Non deixedes pasar a oportunidade de facelo ou probalo onde o vexades na carta.