Ir al contenido principal

Garavanzos con orella de porco

Ir a receita en castelán

Despois de ter publicada unha receita de coello con fabas e outra de lentellas con champiñóns hoxe imos a facer unha con garavanzos e así completar a triloxía das legumes, coma se dun best-seller se tratase.
Despois de compartir mesa e mantel, na cea de Tapas&Blogs Galicia, co Alcalde de Ourense e a súa dona onde falamos de gustos gastronómicos e comidas, e mostrarme o seu gusto por esta combinación, quero adicarlle esta receita a Agustín Fernández, Alcalde da cidade de Ourense.  
Nesta ocasión complementaremos os garavanzos con orella de porco unha das exquisitas partes que ten a cachucha deste aproveitable animal.
Pois para elo necesitaremos:

300 grs de garavanzos
500 grs de orella
2 1/2 cebolas
2 follas de loureiro
1 cenoria
4 dentes de allo

1 tomate maduro

1 pizca de tomiño

1 cucharadiña de pementón agridoce de La Vera

1 guindilla (opcional)

4 culleradas de aceite de oliva

Sal e pementa


Unha precisión antes de detallar a receita. Para aliviar o tempo, podemos usar garavanzos cocidos e orella prensada que é de unha calidade máis que aceptable.
Pois entón, poñemos a cocer, en auga quente, os garavanzos, que teremos de remollo do día anterior, con media cebola e unha folla de loureiro ata que estean brandos.
Noutra cazola, con auga fría, poñemos a cocer a orella con unha cebola enteira, unha folla de loureiro e sal. Cocer a lume medio, para que non se rompa ata que estea no seu punto. Reservar un pouco de caldo.
Cortar a orella a cuadradiños e reservar.
Pelar a outra cebola e picala, pelar a cenoria e cortala en cuadradiños. Pelar os dentes de allo e picalos finamente.
Pelar o tomate, quitarlle as sementes e cortalo en anacos
Nunha perola con aceite quente, sofritir  a cebola, a cenoria e máis os allos durante 5 minutos.

Engadir o tomate, a pizca de tomiño, unha cucharadiña de pementón e dous cucharóns de auga de facer as orellas, agregar a orella e deixar facer todo 5 minutos máis. Salpimentar e engadir os garavanzos xa feitos.
Servir quente. Non desmerece de uns bos callos con garavanzos.