Ir al contenido principal

Pastel de macrolepiota procera (cogordos)

Ir a receita en castelán

Hoxe vou a cociñar con setas, algo non habitual en min fora dos champiñóns, pero que grazas a Conchi Zúñiga de Cocinando Setas, estou a descubrir un mundo na cociña que practicamente ignoraba. Por certo, non deixedes de visitar a entrada que puxo fai dous días con este mesmo tipo de seta "Masa filo rellena de Macrolepiota Procera", todo un auténtico luxo.
Respecto a miña receita, non a collín de Conchi, se non de unhas fotocopias que tiña medio perdidas e como única referencia para citar a autora é un nome que ven no pe de páxina: María Luisa Díez Casado.
A efectos de cálculo cas cantidades que vou a poñer, énchese pola metade (aprox) un molde de un litro.

300 grs de sombreiros de cogordos
1 cebola
1 porro
1 dente de allo
1 cullerada de manteiga
1 cullerada de fariña
250 cc de leite
1 ovo enteiro
3 xemas de ovo
Pementa
Aceite e sal

Picamos fino o porro, a cebola e o dente de allo. Pochamos en aceite.
Cando as verduras estean no seu punto, engadimos as setas, previamente limpas, cortadas en anacos.
Deixamos facer uns 10 minutos tapadas, remexendo de vez en cando.
Salpimentamos e deixamos que se fagan outros 10 minutos, pero nesta ocasión destapadas.
Unha vez reducido o exceso de líquido, engadimos a manteiga, a fariña e refogamos un par de minutos. Incorporamos a leite e facemos uns 10 minutos removiendo. Deixamos arrefriar e dámoslle un lixeiro toque co batedor. Non queremos que se faga un puré.
Se decatades, si parásemos a receita neste momento e con unha pouca máis de fariña e manteiga, teríamos unha estupenda masa para croquetas, pero non é o que nos ocupa.
Agregamos a masa a xema e os tres ovos enteiros previamente batidos.
Vertemos nun molde previamente untado con manteiga (se non é de silicona) e facemos nun baño maría entre 30 e 40 minutos no forno prequecido a 190º. Xa sabedes pinchar cun palillo e si sae seco a desfrutar do pastel. Evidentemente deixar que arrefríe.
Non vos queixaredes, dúas receitas polo prezo dunha.