Ir al contenido principal

Ensalada de caquis e granada

Ir a receita en castelán

Hoxe pola mañá estiven a ver unha receita de Vero, de A Punto blog que non debedes deixar de visitar polo voso ben, e aínda que non é exactamente igual, serviume de base para a que vos poño a continuación.
Chamoume a atención polo uso do caqui, froita que, a pesar de coñecela, non a tiña usado nunca e teño que decir que me gustou ese lixeiro sabor doce en contraste ca vinagreta, xunto co punto que lle da a granada. Non é exactamente a mesma variei algunha cousa e o resultado quedou desta maneira.
Imos a precisar o seguinte:

Caqui
Granada
Brotes de ensalada
Ceboleta
Sal
Tres pementas
Vinagre de Jerez
Aceite de oliva virxe extra ecolóxico Abril

Pelamos e cortamos o caqui en anacos pequenos. Reservamos un pouco para picar miúdo para a vinagreta.
Partimos a granada pola metade e poñéndoa na palma da man, golpeamos co mango do coitelo e desprenderanse moi facilmente os grans.
Preparamos a vinagreta con una proporción de 3 a 1 de aceite e vinagre, batemos para emulsionar. Incorporamos a ceboleta cortada moi miúda e o caqui reservado tamén moi picado. Salgamos e botamos as tres pementas recen moídas.
Sobre unha base de brotes de leitugas poñemos os anacos do caqui, os grans da granada e aliñamos ca vinagreta preparada.
Unha mas que boa opción de ensalada que a pesar do tempo que tira a frío, entra moi ben.