Ir al contenido principal

Follados con queixo crema e castañas en xarope

Ir a la receita en castelán

Estaba facendo unha visita turística pola miña neveira, e atopeime con algunhas cousas que se podían xuntar e facer que saíra algo decente da unión.
Pois ben cos seguintes ingredientes fixen unha pequena sobremesa rápida e razonablemente comestible.
Necesitaremos:

1 lámina de masa follada fresca
Queixo crema
Castañas en xarope
Azucre glas
1 ovo

Estiramos a lámina de masa e pintamos con ovo batido.
Con un aro facemos as porcións e levamos o forno, prequecido a 200º, ata que collan unha bonita cor dourada.
Deixamos arrefriar e cortamos polo medio as esferas resultantes.
Nun bol mesturamos o queixo cas castañas en xarope picadas.
Enchemos os pastelillos ca masa resultante, poñémoslle a tapa e salpicamos con azucre glas.
A sorpresa desta sinxela sobremesa, está en que a vista da cor abrancazada da crema, espérase unha mestura doce. Entón é cando sorprende o lixeiro sabor salgado do queixo co doce da castaña.
Merece a pena probalo.