Este tipo de encontros parécenme, dende todo punto de vista, moi enriquecedores. Por unha banda ves persoas que xa coñecías, o cal é unha alegría, e por outra desvirtualizas (palabra moi de moda ultimamente) a outras cuxo único coñecemento é o seu blog ou as súas andanzas por outras redes.
Entre estes últimos podo citar a Elena Zulueta de Cuatro especias de coñecementos gastronómicos impresionantes, a Tito de Complicaciones las justas sorpresa verlle ese aspecto de seriedade que contrasta cos textos que se lle poden ler, que dicir de Josinho de Cocina&Kuchina que xunto con Marta de Dolce far niente dúas excelentes persoas pegadas a un sorriso permanente e a Isabel de La cocina de Fabrisa tiña gañas de coñecela, pois de todas as persoas que non coñecía era, ata o momento, a quen máis seguía xunto co blog de Chus Siguiendo a Nenalinda que case con toda seguridade, creo que foi a primeira visita que tiven cando comencei e de quen recibín as primeiras palabras sobre o que empezaba a facer.
Deixo para o final a Juan Carlos de Gastronomía en verso, Laura de La cocina de Mezquita y Conchi de Cocinando setas pois, sen menoscabo do resto, manteño con eles unha relación máis estreita. Persoas cas que compartín, non unicamente mesa e mantel, compartín unha parte sen a que non habería mesa e mantel; compartín fogóns e cazolas.
Saúdos para tod@s os acompañantes d@s arriba nomead@s, o mesmo cariño para tod@s.
A cidade de A Coruña non sigue tan fermosa coma sempre, máis, cada vez que a visitas sempre te sorprende con algo máis. O lugar escollido para o xantar, fixo que esta cidade se mostrase en todo o seu esplendor, pero posta os nosos pes, penso que foi o total acerto.
Iste lugar escollido foi o restaurante Mirador de San Pedro. Como dixen unhas vistas da cidade impresionantes e onde a baía de A Coruña se mostra en todo o seu esplendor, ca Torre de Hércules coma vixía eterna da cidade.
Como nota deste restaurante dicir que servizo impecable e un menú que fixo as delicias de todos nos. Non vos relato o degustado neste xantar, pois na montaxe das fotografías vense. Pola miña parte nin un solo pero.
Pois despois de un agradable xantar e de un aínda máis que agradable sobremesa, faltaba un broche final; este era a canción que Juan Carlos lle dedicou a cidade de A Coruña. Insuperable.
En fin os de Ourense recollemos a testemuña que nos encomendaron e trataremos de organizar a do ano próximo.
Animo a que moita máis xente se nos sume para a próxima.
Un agarimos abrazo e un enorme bico para tod@s, ata a próxima en Ourense.