Ir al contenido principal

Strudel de mazá con sabayón de Pedro Ximénez

Ir a receita en castelán

Levo xa algunhas entradas seguidas con sobremesas. Non é normal, xa empeza a sobrepasarme sobre todo por que aínda me quedan algunhas.
O strudel é unha preparación típica en Austria e no sur de Alemania. Era un xantar para pobres, pero o mesmo foi evolucionando.
Quero dedicar esta receita a Vero Novoa de A Punto  unha boa amiga, de momento virtual, e que de seguro coñece e saberá darlle máis matices o pastel.

Pois para este doce xermano precisaremos

3 Manzás reinetas
60 Grs. de noces peladas
35 Grs. de manteiga
30 grs. de pasas de corinto

1 Masa de pasta brisa
1 Rebanda de pan de molde
3 Cdas de azucre
1 Cda de canela en po
1 Limón
Azucre glas
 

PARA EL SABAYON
3 Xemas de ovo
3 Cdas colmadas de azúcre
50 ml. de Pedro Ximénez
100 Ml. de tona para montar


Pelar as mazás raialas ca parte grosa do relador; regar con abundante zume de limón.
Desmiuzar o pan e fritilo na manteiga.
Mesturar as mazás reladas co pan, as noces en anacos, as pasas previamente remolladas, o azucre e a canela.
Desenrolar a lámina de masa brisa sobre unha bandexa de
forno; colocar no centro a mestura anterior  formar un
rolo. Pintalo co ovo batido e cocelo a forno forte ata que estea dourado. Reservar  strüdel morno e regalo co azucre glas o momento de servilo.
Para preparar  sabayón, bater as xemas co azucre ata que estea cremoso  cocer o baño Maria, ata que espesen; engadir Pedro Ximénez e cocelo de novo ata que volva a espesar. Engadir a tona lixeiramente montada.
Servir o sabayón aparte do strüdel.