Ir al contenido principal

Panacotta de café, canela e castaña en xarope

Ir a receita en castelán

Aínda que con toda seguridade o sabedes todos, direi que a panacotta é unha sobremesa de orixe italiano Panna Cotta (tona cocida).
Unha vez feita a precisión, direi que esta sobremesa vinlla facer o cociñeiro Taky nunhas xornadas que se fixeron en Ourense.
Eu servín esta sobremesa en copas de cóctel, pero o envase, evidentemente, queda o voso gusto. Cas cantidades que dou a continuación saen unhas catro copas ben cumpridas.
Entón necesitaremos:

500 ml de tona
3 follas de xelatina neutra
2 sobres de café soluble
1 cullerada de canela en po
2 culleradas de azucre moreno
Castañas en xarope
Chocolate
Ron (opcional)

Unha nota antes de comenzar, se non sodes moi cafeteiros usade soamente un sobre e medio de café.
Poñemos as follas de xelatina, a remollo, nunha pouca auga.
Acercamos a tona nun cazo o lume e incorporamos o café e a cullerada de canela. Remexemos para que se integren ben e non queden restos en suspensión.
No momento que rompe o fervor retiramos do lume e engadimos o azucre. Este sería o momento de incorporar un golpe de ron si é do voso gusto. Incorporamos tamén as follas de xelatina ben escorregadas.
Picamos algunhas castañas, poñémolas no fondo das copas de servicio e cubrimos ca panacotta.
Levamos a neveira para que arrefríe.
No momento de servir facemos unhas labras de chocolate para botar por riba e podemos acompañar cunha castaña ensartada nun pauciño a modo de chupa chups.
Pode parecer un flan, pero é de textura máis próxima a xelatina.
A min gustoume.