Ir al contenido principal

Pastel de champiñóns o parmesano

Ir a receita en castelán

Despois de tres entradas con doce ía tocando algo que soubese a salgado. O que vos propoño é un pastel clásico que en este caso é de champiñóns. Quero facer unha pequena consideración; como os champiñóns van en cru, vai a ter un sabor a esta seta un pouco forte, pero que o meu gusto quédalle bastante ben.
Entón para preparalo precisaremos:

250 grs de champiñóns
1 pemento vermello
2 dentes de allo
3 ovos
6 ovos de paspallás
4 escalonias
40 grs de parmesano relado
40 grs de abelás
40 gras de pistachos
1 chisca de noz moscada
1 golpe de ron
Pan relado
Aceite e sal

O primeiro que faremos será asar o pemento uns 30 minutos a forno prequecido a 220º. Tapalo, que arrefríe, pelalo e cortalo en tiras.
Cocemos os ovos de paspallás, en auga salgada, uns catro minutos dende que rompe o fervor. Pasamos por auga fría e pelamos.
Limpamos ben os champiñóns e troceamos. Pelamos e picamos os allos xunto cas abelás.
Pelamos, picamos as escalonias e refogamos nun pouco de aceite. Cando empece a coller cor, incorporamos a mestura do allo e abelás; sofritimos 2 ou 3 minutos e retiramos.
A este sofrito engadimos os champiñóns, o queixo relado, os ovos batidos, a noz moscada, a sal e a pementa. Imos incorporando o pan relado os poucos (coido que non máis de 50 grs) co fin de conseguir unha masa compacta e maleable.
Collemos un molde de 1 litro e untámolo con aceite ou manteiga e espolvoreamos con pan relado.
Poñemos no fondo, e no centro, do molde unha fila de pemento e cubrimos con unha parte da masa. Colocamos máis pemento, os ovos cocidos, os pistachos e cubrimos co resto da masa. Levamos o forno prequecido a 170º uns 45 minutos. Deixar temperar e desmoldar.
Servir en rodelas acompañado de un bo prebe de tomate ou unha maionesa.
Que o disfrutedes.