Ir al contenido principal

#CocidoTrip 2013

 Ir a entrada en castelán

Como xa estaredes todos o corrente este pasado sábado xuntámonos en Lalín para celebrar o #CocidoTrip, evento organizado por Javier Presas (xa desvirtualizado), @Xavi_life no mundo virtual.
E quero empezar por este nome por dúas razóns: a primeira é destacar o lado persoal de Javier, un 11 sobre 10. O coñecemento directo con esta persoa foi máis alá das espectativas que levaba. Persoa afable que a pesar da presión da organización sempre tivo unha palabra amable para todos e cada un de nos ó igual que un sorriso permanente na súa boca. Palabras amables que continuaron e continúan no post#CocidoTrip. Persoa que defende e loita por que estas nosas cousas traspasen fronteiras e cheguen lonxe.
A segunda das razóns é a precisión da organización que levou a cabo, un traballo encomiable que fixo a perfección. Ben, tivo un punto negro: abriulle á porta a "ciclogenesis explosiva" e deixouna entrar en Lalín.
Froito de esta máis que boa e ben coidada organización, é o bo ambiente xerado e o éxito nas redes sociais, que foron testemuñas case que en directo de toda a xornada.
Por circunstancias persoais non puiden asistir ó desenrolo de toda a xornada, pero podo facerme unha idea moi real co que me foron contando durante o xantar.
O punto de encontro era diante o Concello, pero por mor do espléndido tempo que facía, trasladouse a unha cafetería cercá.
Iniciaron a xornada con unha visita as instalacións de Embutidos Lalinense. Industria que con 60 anos de existencia, é un referente de calidade nos produtos, relacionados co porco, que comercializa. Eu contactara con eles no Forum Gastronómico de Santiago e trouxera para a casa algúns dos seus produtos, que resultaron ser de unha elaboración e factura senxelamente fantástica.
Á vista das fotos que fun vendo xiraron unha visita seguindo o proceso de fabricación.
A seguinte etapa do día foi a Lácteos Anzuxao empresa con máis de corenta anos de existencia e que está situada no entorno do Pazo de Anzuxao. Teño que dicir que na miña casa xa hai algún tempo que entra o queixo de Lácteos Anzuxao, na súa modalidade de Arzúa-Ulloa, é un queixo que se pode recomendar de xeito seguro. Quedo pendente de probar o Señorío de Anzuxao.
Cando falo de empresas galegas que fan un traballo serio e que teñen un marchamo de calidade demostrado, sinto unha satisfacción persoal de que estou facendo patria e que podo falar de elas como nosas.
Como xa se acercaba o momento do xantar, o seguinte paso foi unha parada na La Molinera (onde eu me incorporei), para coller algo de forzas e facer corpo para o xantar. Nese momento saudei a persoas xa coñecidas de outras ocasións e fomos presentándonos os que non nos coñecíamos. E foi o momento de saudar ó artífice de todo este tinglado Javier Presas (@Xavi_life).
Neste restaurante Diego López, cociñeiro que por certo está presente en Madrid Fusión, ofreceunos unha auténtica delicia para o gusto: Fondo de lamprea con queixo San Simón da Costa e verza fusionada. Para chorar despois do primeiro contacto cas nosas papilas gustativas, ó menos para min, enorme.
E a continuación xa ata o Restaurante Cabanas, onde nos esperaba a verdadeira "ciclogenesis explosiva".
Todo estaba a punto e todo funcionou coma un reloxo e para ir quentado ese corpo que viña frío da rúa, chegou unha sopa de cocido destas que lle quentan o corpo os mortos, para seguir co rei da xornada: O Cocido.
Houbo uns instantes que me asaltou unha dúbida, se o prato principal era o cocido ou unha chea de móbiles e Ipad. Pero si o prato principal era O Cocido.
Despois de unha chea de "traio máis" chegaron as sobremesas, eu xa estaba "resignado" a comer algo de doce, pero de pronto fíxose a luz e tomou corpo unha fonte cun queixo do país con marmelo. Foi coma unha aparición para poñerlle unha guinda o menú.
A nivel de comensais teño que dicir que o ambiente foi do máis agradable e distendido, con bromas e conversas coma se nos coñecésemos de toda a vida.
Coma remate unha bañeira de queimada, mestre de cerimonia José Manuel García do Come e Fala da Radio Galega, non é para contar é para ver, deixo o enlace do vídeo que realizou Mercedes Blanco: conxuro da queimada.
A xornada tocaba o seu fin e viña ese sentimento de que ben o pasei, para o de xa pasou.
Javier, darche as grazas por todas as atencións recibidas e esperando xa o #CocidoTrip2014.
Lalín pode estar orgulloso de ter un cidadán coma ti que fai tanto e tan ben polo seu e o do seu pobo.
Ánimo que xa queda pouco.

 
Colaboradores:
Restaurante Cabanas
Embutidos Lalinense 

Lácteos de Anzuxao
Imprenta Marcaxe
Restaurante La Molinera
Asociación Pan de Lalín
Hotel Torre do Deza
 

Participantes
Javier Presas. @xavi_life
José Manuel García "Come e Fala" (Radio Galega) @Jose_Ma_Garcia

Tito. Complicaciones las justas. @tito1972ml
Marta Sánchez. Dolce far niente. @msanchezsuarez
Josiño. Cocina y Kuchnia. @JosinhoSilva
Rubén Amorín. Ni mata ni engorda. @Nimataniengorda
José Luis Oliveira. As pequenas viaxes. @josolivarela
Mónica Novas. Gastrosexología. @Gastrosexologia
Mercedes Blanco y David Prieto. La aprendiz de chef. @laprendizdechef
María F. Tesouro. María`s recipe book. @maria_tesouro
Tania Carreira. Costa da Morte Galicia. @Costa_da_Morte
Mónica Castelao. Deliciosamente Galego. & @GaliciousOnline
Edurne Baines. Vivir Galicia. @VivirGalicia
Fidel Martín. La parte contratante de la primera parte. @fidelmartin
Matiba. @matibascorner
Alberto. Xanvilar.com. @xanvilar
Fran y Merche. Rodeiramar 2A. @rodeiramar2a
Carmen Fernández. Periodista. @carmenfgarcia
Lucía Pita. Periodista y Community Manager. @lupizinia
José Poza. Vídeo y Fotografía. @pozapieiro
Lidia Poza. todoempiezaport.com @todoempiezaport