Ir al contenido principal

Crema de cenoria

Ir a receita en castelán

Como o tempo segue desta maneira, ademais das legumes tamén apetece unha crema. Sempre é un pouco máis lixeira e tamén é unha maneira de introducir os vexetais e os seus sabores os máis cativos da casa. Ben, algún maior tamén necesita que llo trituren todo.
Unha receita moi sinxela e rápida, para a que necesitaremos:

1 cebola grande
2 porros (a parte branca)
450 grs de cenoria
3 ou 4 patacas medianas
Caldo de polo ou verduras
Sal e aceite 

Picamos a cebola e os porros, e nun pouco aceite poñemos a sofritir. Se tedes tempo 15 ou 20 minutos a lume brando, sen que collan cor, vai a ser o fundamento da receita.
Mentres lavamos, pelamos e picamos en dados as cenorias.
Unha vez ben pochada a cebola e o porro, engadimos as cenorias e as patacas. Refogamos o conxunto uns minutos.
Cubrimos co caldo e salgamos, ollo se o caldo xa leva suficiente sal. Deixamos facer ata que a cenoria estea tenra, uns 25 minutos (aprox).
Retiramos do lume e trituramos co batedor.
Neste momento a crema estaría lista para levar a mesa, máis se queredes presentar un prato máis suave e sedoso, pasaremos a crema polo chino.
Servimos cuns picatostes e un fío de aceite que vai a potenciar o seu sabor (opcional)
Que desfrutedes de esta deliciosa crema.