Ir al contenido principal

Coello con pisto ó aroma de Pedro Ximénez

Ir a receita en castelán

Hoxe traio unha receita feita cunha carne que non se prodiga moito, ou polo menos por onde eu me movo, nos blogs de cociña: o coello.
Coido que a nosa cabeza xera un concepto de este animal, non compatible ca súa inxesta.
Sin embargo estamos a falar de unha carne que é moi rica en proteínas e o mesmo tempo moi baixa en graxas. Ten unha achega moi importante nas vitaminas do grupo B e é altamente dixerible.
Se a todo isto lle engadimos o seu custo (esta receita para dúas personas sae por menos de 2,5€/persona), teríamos que ir pensando incluíla nos nosos menús.
Unha vez feitas estas consideracións precisaremos para dúas personas:

1/2 coello
2 tomates roxos
1 pemento verde
1/2 berenxena
1/2 cabaciña
1 cebola mediana
1 rama de tomiño
1 vaso de Pedro Ximénez
1 vaso de carne de caldo
Aceite, sal e pementa

Unha consideración antes de comenzar. Si a alguén pode non gustarlle o sabor a doce que lle vai a deixar o viño usado, pode tranquilamente usar un bo viño branco. Que escollera Pedro Ximénez fai que contrarreste a acidez do tomate, quedando un sabor moi agradable.
Postos a tarefa lavaremos e cortaremos en anacos pequenos as verduras.
En primeiro lugar refogamos, nun pouco de aceite, a cebola e o pemento uns 10 minutos, para a continuación incorporar a berenxena. Remexemos e deixamos facer uns tres minutos. Engadimos a cabaciña e refogamos tres minutos máis, para rematar co tomate e deixamos facer o conxunto uns quince minutos a lume brando.
Mentres o sofrito se fai e despois de salpimentados, douramos os anacos do coello nun pouco de aceite, procurando que quede ben dourado por todos os lados.
Unha vez dourado incorporamos o viño, deixamos evaporar e engadimos o vaso de caldo de carne. Poñemos a rama de tomiño e deixamos que se faga uns 30 minutos.
Cinco minutos antes de rematar o estufado, incorporamos o pisto. Rectificamos de sal e pementa, se fose necesario, e a desfrutar de un espléndido prato.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito