Ir al contenido principal

Timbal de verduras con humus

Ir a receita en castelán

Imos comenzar a semana con unha receita vexetal, pero con calorías. Xa aviso de antemán que non vai a servir para dietas, pero que está moi saborosa.
Posiblemente non sexa moi orixinal, pero como continuación da mesa redonda que mantivemos en Vigourmet o pasado sábado, eu "como o que me gusta, e como me gusta o comunico". Por certo experiencia a da mesa redonda que habería que repetir, pois foi moi interesante o intercambio de opinións e sen non fora polo tempo, aínda daría para máis.
Pois ben para este prato necesitaremos:

1 cabaciña
1 berenxena
2 ou 3 tomates
Queixo para fundir en láminas
Humus
Fariña, sal e aceite

Comenzamos cortando as verduras en rodelas de medio centímetro aprox.
O tomate poñémolo o forno con un pouco de aceite e sal.
As rodelas de cabaciña e berenxena, salgámolas, enfariñamos e fritimos en aceite. Pasamos a papel absorbente e reservamos.
En un molde, aberto pola base e pola boca, imos alternando as verduras e as láminas de queixo ata completar a altura do molde e debemos de rematar con queixo. Podemos poñer nun dos pisos unha capa fina de humus.
Levamos o forno co grill prendido ata que se gratine a última capa de queixo.
No prato de servizo poñemos unha base de humus e desmoldamos por riba o noso timbal.
Podemos decorar cun pouco ceboliño picado e un fío de aceite de oliva polo humus.
Eu usei humus, pero pode ser con un prebe romesco, un bo prebe de tomate, en fin que vos decidides.
Fácil de execución e moi saboroso na mesa.



Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito