Ir al contenido principal

Crema de ervellas con zamburiñas e crocante de xamón

Ir a receita en castelán

Esta receita ven como consecuencia dun taller ó que asistín na derradeira Feira de Xantar.
O taller consistía en traballar nas nosas cociñas cas conservas que tan boas temos nesta terra. A conserva pasa de ser un remedio en caso de apuro, a formar parte dun prato formalmente feito.
Pois entre a documentación que nos deron, viña un pequeno receitario do que saquei esta boa receita, que ademais é de moi fácil elaboración. Seguramente que no futuro haberá máis.
Entón imos a procurar: 

2 latas de zamburiñas

250-300 grs de ervellas
2 patacas medianas
4 lonchas de xamón
Caldo de verduras
Sal

Colocamos as lonchas de xamón entre dous papeis absorbentes e levamos o microondas entre un minuto e dous (xa imos vendo). Reservamos.
Poñemos a cocer as ervellas cas patacas cortadas en anacos co caldo de verduras. No momento que as patacas estean cocidas, pasamos o conxunto pola batedora.
Eu aconsello, coma en todas as cremas, pasar por un chino despois de triturar, vai a facer que a nosa crema quede moito máis fina.
Damos un golpe de calor as zamburiñas nunha tixola.
Servimos a crema acompañada do xamón crocante e con unhas catro zamburiñas no centro do prato. Se é do voso gusto podedes engadir o prato da crema un fío de aceite.
Color e sabor na nosa mesa.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito