Ir al contenido principal

Montado de tartar de tomate e sandía con pataca e sardiña en aceite con Gotas de Abril

Ir a receita en castelán

Cando fai uns días tiven coñecemento da xornada que ía a facer Aceites Abril no día de hoxe, 29 de abril, baixo o nome Un día de Abril, pensei en facer un pequeno bocado para esa xornada de #undiadeabril.
O eixe principal da xornada era a presentación en Santiago de o aceite gourmet Gotas de Abril, que a empresa ourensana comercializa.
No evento participaron Daniel Guzmán de Restaurante Nova
na dirección da cata de aceites e Miguel Mosteiro do Restaurante Deleitarte cun showcooking. E casualidades da vida, mentres o estaba a ver estaba preparando o meu tartar e Miguel Mosteiro comenta que un dos bocados vai a facer é con tartar de tomate
Para esta xornada de #undiadeabril, está é a miña humilde aportación, que ademais de Gotas de Abril, imos a usar conservas de Galicia para poñelas en valor e que non sexan soamente un apaño.
Para preparalo precisaremos.

Patacas

1 Tomate rama
100 grs de polpa de sandía
3/4 de cebola morada
1 lata de sardiñas en aceite de oliva
Aceite de oliva virxe extra Gran Selección de Abril
Aceite Gotas de Abril
Sal
Sal en escamas
Pementa negra

Comenzamos poñendo as patacas a cocer en auga e sen pelar e as sacaremos antes da súa cocción total. Deixamos arrefriar e reservamos.
Mentres cocen as patacas picamos fina a polpa da sandía e o tomate sen pel nin sementes. Deixamos que escoen o exceso de auga.
Picamos fina a cebola e mesturamos ca sandía e o tomate. mesturamos e engadimos sal, pementa, unha ou dúas culleradas de aceite Gotas de Abril e a metade do zume de medio limón (isto último queda un pouco ó gusto). Deixamos en repouso para que colla sabor.
Se as patacas xa están en temperatura, pelamos e recortamos para deixalas cadradas. Unha vez dada a forma cortamos en láminas de 1/2 cm. e poñemos a confeitar no aceite Gran Selección de Aceites Abril a baixa temperatura. Deixamos uns 45 minutos aproximadamente. Deben cocerse no aceite non fritir.
Abrimos a lata das sardiñas, escoamos o aceite e con paciencia separamos os lombos, sacamos a espiña e a pel. Reservamos.
Para a montaxe do bocado, poñemos unha lámina de pataca confeitada e salgamos ca sal en escamas, sobre ela o tartar de tomate e sandía e sobre esta cama deitamos o lombo da sardiña.
Se queres podes regar cun fio de aceite Gotas de Abril, pero considero que o aceite que leva é mais que suficiente.
Penso que é un bocado delicado co que imos a desfrutar. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito