Ir al contenido principal

Queixo con tapenade, cherry e aceite de pirixel

Ir a receita en castelán

Hoxe o que traemos a este blog é un petisco moi fácil de facer e cheo de sabores.
Cando falamos de petiscos, estamos a falar de mini cociña, pois é unha elaboración  tan coidada coma un prato dos chamados principais.
Unha aclaración: nesta ocasión usei un queixo semicurado, pero xa o fixen con San Simón cun resultado realmente moi bo. O que ten que ter o queixo é un mínimo de consistencia. 
Para o petisco imos a precisar:

Queixo semicurado

Cherrys
Para a tapenade
100 grs de olivas negras
1 anchoa
1 cucharadiña de tomiño
1 cucharadiña de romeiro
Aceite
Para o aceite de pirixel
Pirixel
Aceite

Cortamos o queixo en lonchas de 1 cm. aproximadamente e a continuación, cun aro de pequeno diámetro facemos redondeles, que podemos cortar pola metade en medias lúas, que reservamos.
Para a tapenade imos a manexar os ingredientes segundo o noso gusto, as medidas son aproximadas.
Picamos as olivas e botamos no vaso do batedor, xunto co resto dos ingredientes. Trituramos e imos engadindo o aceite en fío para ligar o conxunto.
Por outra banda picamos o pirixel e trituramos con aceite de oliva. Deixamos que infusione e pasamos a un biberón unicamente o líquido, quedando listo para o seo uso. Non vos preocupedes da cantidade, pois aguanta moito tempo para outras preparacións.
Cortamos os cherrys en metades.
Para a montaxe, sobre unha base de queixo poñemos un pouco de tapenade, poñemos por riba unha metade de cherry e ensartamos cun palillo longo.
Salgamos con sal en escamas e regamos co aceite de pirixel.
Temos listo un delicioso aperitivo para ir abrindo boca.         






Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito