Ir al contenido principal

Torta de limón

Ir a receita en castelán

Na receita de hoxe imos a caer na tentación do doce. Deixamos por uns intres o salgado de lado e facemos unha saborosa torta perfumada e saborizada con limón.
Se lle pomos un pouco de mimo, teremos unha sobremesa estupenda para rematar un bo xantar.
Pois se nos metemos a facela, imos a precisar:


200 grs de galletas tipo María
100 grs de manteiga
1 bote pequeno de leite condensada
3 ovos
A reladura dun limón
2 limóns para o zume (tres se son pequenos)

Teremos xa con anterioridade a manteiga a abrandar fora da neveira.
Trituramos as galletas ata que adquiran unha textura como de area, que mesturaremos ca manteiga.
Temos preparado o molde que vai a ir ó forno, se é metálico podémolo forrar con papel de forno ou aplicar un spray por toda a superficie e que fai que se desmolde bastante facilmente. Se o molde é de silicona, non debería de haber problema de desmoldado.
Sobre o molde iremos pondo a mestura das galletas ca manteiga e iremos presionando para estender a masa ata os bordes.
Metemos no forno a 160º uns 15 minutos.
Batemos as xemas dos tres ovos ca reladura do limón. Reservamos as claras.
Pouco a pouco imos incorporando a leite condensada e despois o zume dos limóns. Integramos ben todos os elementos.
Poñemos a punto de neve as tres claras reservadas e incorporamos a mestura anterior con movementos envolventes e botamos o conxunto sobre a masa de galletas.
Levamos ó forno prequecido a 180º entre 45 e 60 minutos, probando metendo un palillo que saia seco.
Se vemos que se nos vai tostando moito por riba, cubrimos nos últimos minutos con papel de aluminio.
Penso que non é moi complicada esta sobremesa e que vai a resultar moi do agrado dos vosos comensais. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito