Ir al contenido principal

Ensalada de sandía e queixo de cabra

Ir a receita en castelán

Esta receita foi seleccionada entre as 20 mellores presentadas ó concurso "Tu receta en 22 minutos" de Canal Cocina.
 
Como parece que definitivamente se vai a empezar a instalar o bo tempo, empecemos nos tamén a poñer receitas de ensaladas.
As ensaladas, non vos descubro nada novo, son unha estupenda opción de comida fresca, rápida e fácil de preparar e normalmente saudable.
Ca ensalada que vos presento hoxe, pretendo un contraste forte de sabores, non sei se atrevido ou non pero que penso que non vai a haber termos medios, ou me gusta ou non.
Pois para esta ensalada de verao precisaremos:

Sandía

Queixo de cabra fresco
Touciño afumado
Vinagre de Módena
Aceite de oliva virxe extra Gotas de Abril

Ceboliño
Sal e pementa
Prebe Perrins (opcional e moi pouco)


Pois moi sinxelo, cun sacabolas imos facendo unhas bolas de sandía, partimos o queixo en anacos similares ó tamaño das bolas de sandía.
Cortamos o touciño en tiras e salteámolo na tixola, sen aceite, ata que estea crocante.
Nun bol preparamos a nosa vinagreta cunha proporción de 3 a 1, é dicir, 3 partes de aceite Gotas de Abril e unha parte de vinagre de Módena, sal, pementa e si fose do voso gusto un pequeno chorro de prebe Perrins.
Batemos a vinagreta para que emulsione.
No prato, copa ou no que queiramos servila, mesturamos as bolas da sandía, os anacos de queixo, o touciño, que lle vai a dar un toque crocante á ensalada, o ceboliño picado e regamos ca vinagreta reservada.
Lista e a sorprender os vosos comensais.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito