Ir al contenido principal

Polbo con fabas de A Granxa

Ir a receita en castelán

Ola a tod@s de novo, neste verao ando un pouco, bastante, vago, pero é que as calores de este Ourense son aplanadoras.
Como ben sabedes este pasado domingo (2º de agosto) celebrouse a festa do polbo, en O Carballiño. Pois ben eu quería ter publicada esta receita o venres anterior á festa, como humilde homenaxe a tan grande vianda e a esta moi consolidada festa gastronómica.
Non foi o venres, pero é agora e para elo precisaremos:

400 grs de polbo cocido e cortado
250 grs de fabas de A Granxa
150 grs de cebola
2 dentes de allo
Pementón agridoce de La Vera
Aceite e sal

Esta receita ten dúas versións, a longa e a curta.
Na longa cocemos o polbo e cocemos as fabas, previamente, para facer o noso prato.
Na curta, pola que eu me inclinei, compramos o pobo xa cocido e as fabas, tamén, xa cocidas.
Picaremos a cebola e os dentes de allo. Poñémolos a pochar nunha cacerola cun un pouco de aceite e a lume brando. Cando vexamos que a cebola está, subimos o lume para que se doure un pouco.
Cando temos a cebola lista incorporamos o polbo en anacos e o pementón, tendo coidado de que non se nos queime (a operación do pementón podémola facer fora do lume).
Damos unhas voltas para que se integre ben e engadimos as fabas. Neste punto teremos coidado de dar voltas con moito coidado, para que non se nos rompan as fabas. Se vedes que lle fixera falla un pouco máis de pementón, este é o momento.
Pasamos a un prato de servizo e á mesa que non arrefríe.
Unha preparación moi rápida e á vez un prato moi cheo de matices.
Que o desfrutedes.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito