Ir al contenido principal

Biscoitos de ceboleta con bonito marinado

Ir á receita en castelán

Como estamos no tempo de comer bonito, pois a súa tempada está en pleno apoxeo, imos a dedicarlle un pouco de tempo nas nosas mesas, a este prezado e saboroso peixe.
Con esta receita, participei no III Concurso de Receitas con Bonito de Burela, no que a gañadora foi Natalí Farnández Cacho. Hai un montón de preparacións de este peixe, que por si fan un prato único, pero o que eu pretendo con esta receita, é facer un agradable petisco para este tempo de verán.
Pois entón imos a precisar:

2 boas rodelas de bonito

PARA O BISCOITO
25 ml de aceite
2 ovos
50 ml de leite
100 grs de fariña
1/2 cullerada de lévedo Royal
2 ou 3 ceboletas (segundo tamaño)
Sal
PARA O MARINADO
2 limóns (o zume)
Aceite de oliva
2 dentes de allo
Ourego
Pementa negra
Sal

Comenzamos por facer os dados de bonito, para elo retiramos a pel das rodelas do peixe e sacamos limpas as catro porcións que nos da cada rodela.
Procedemos a cortar as porcións en dados.
Nun recipiente poñemos o zume dos dous limóns e a mesma cantidade de aceite de oliva. Batemos para mesturar os líquidos e engadimos os allos picados, o ourego picado e un par de golpes de pementa negra moída.
Poñemos os dados de bonito a macerar como mínimo 3 horas, procurando que queden cubertos.

Mentres repousan os dados de bonito, procedemos a facer os biscoitos.
Como primeiro paso cortamos a ceboleta en plumas finas e salteamos nunha tixola, a lume brando e cun pouco de aceite, até que estean transparentes, pero sen deixar que tomen cor.
Mentres se fan as ceboletas mesturamos a fariña previamente tamizada) co lévedo Royal, os ovos batidos, a leite, o aceite e un belisco de sal. Escoamos ben as ceboletas e incorporamos á masa feita.
Enchemos uns moldes pequenos e levamos ó forno, prequecido a 165º, uns 20-25 minutos.
Desmoldamos e deixamos arrefríar.
Nunha tixola untada de aceite, salteamos os dados de bonito, escoados do líquido da maceración.
Para a montaxe do petisco, ensartamos un par de dados nunha brocheta curta e esta a súa vez nun biscoito.
Unha presentación moi sinxela, para un bocado cheo de sabores.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito