Ir al contenido principal

Pementos baby en tempura recheos de morcilla, queixo do país e tomates secos

Ir á receita en castelán

O outro día estando a facer a compra, na sección de vexetais, e topeime con uns pementos baby que me estaban a dicir que os levara. E así foi, non sabía moi ben o que ía a facer con eles, pero foron a parar ó carro da compra.
Os pementos eran amarelos e vermellos, e viñan envasados baixo o nome de unha coñecida marca que envasa moitos vexetais frescos.
Xa con eles na casa e ó abrir a neveira e ver os seus habitantes, dixen: morcilla de Burgos, queixo do país, tomates secos. Mans á obra e para elo imos a precisar (sen medidas, cada quen o seu gusto):

Pementos baby
Morcilla de Burgos
Queixo do país
Tomates secos
Fariña
Auga xeada
Sal

Pois con todo isto por riba da mesa, comencei por cortar o queixo en anacos, picar os tomates secos e sacar a morcilla da súa pel e picala.
Nunha tixola votamos a morcilla picada, a que saltearemos, a continuación incorporamos os tomates picados, damos unhas voltas para mesturar ben ca morcilla, e por último o queixo en anacos. Faremos o mesmo, daremos un par de voltas para que se integre no conxunto.
Facemos un pequeno corte, pola parte do rabo, os pementos para eliminar o rabo e as sementes.
Procedemos a encher os pementos ca mestura feita con anterioridade.
Facemos unha tempura rápida mesturando fariña e auga xeada, na mesma cantidade.
Quentamos aceite nunha tixola, pasamos os pementos pola temperatura e a fritir até que collan unha cor ben dourada.
Evidentemente o pemento non se vai a fritir de todo, así quedaranos crocante ó mastigalo e con toda a súa intensidade de sabor.
Un bo aperitivo que repetirei en outras ocasións.



Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito