Ir al contenido principal

Peituga de pavo con prebe de froitos roxos.

Ir á receita en castelán

Hoxe imos a meternos con unha carne branca considerada das saudables.
O prato que imos a preparar é con unhas humildes peitugas de pavo, as que imos a dar realce cun espléndido prebe que vai a facer un gran conxunto cas peitugas.
Posiblemente o prebe merecese unha entrada por si sola, pero estaba tan ben con esta carne, que o post vai en conxunto.
Pois para elo necesitaremos:

Filetes de pavo Coren (como de 1 cm de grosor)
Sal
Pementa branca
Aceite de oliva
2 chalotas
100 g de manteiga
1 vaso de viño de Porto
Froitos roxos (eu usei framboesas e arandeiras)
1 ramiña de tomiño fresco
50 grs de azucre moreno
1vaso de caldo de carne
1 cullerada sopeira de espesante instantáneo.

Comenzamos ca elaboración do prebe. Para elo poñemos o lume unha cazola, na que fundiremos a manteiga xunto ca chalota picada.
Pochamos durante cinco minutos, engadimos o tomiño e o azucre moreno. Incorporamos o viño de Porto e reducimos á metade. Incorporamos o caldo de carne e deixamos cocer durante 10 minutos a lume brando.
Se fose necesario, espesamos co espesante exprés e ó final da elaboración engadimos os froitos roxos. 
Salpimentamos os filetes e marcámolos na prancha,
procurando non abrasalos, pois débenos quedar unha carne suave e zumarenta por dentro.
Empratamos a peituga de pavo y regamos co prebe.
Un delicioso prato cheo de vida e sabores.







Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito