Ir al contenido principal

Espaguetis con albóndegas (Receitas de cine)

Ir á receita en castelán

Seguindo con receitas relacionadas co cine, por mor do Festival de cine OUFF que se está a celebrar en Ourense, hoxe imos a irnos ó mundo infantil con unha película de debuxos animados. Todo un clásico: La dama y el Vagabundo.
Si clásica é a película, clásica é a receita, que aparece na tenra escena na que cada can agarra unha punta do mesmo espagueti e rematan cun beso entre eles.  
É unha película infantil e a receita é das que máis lle gustan os cativos da casa.
Para prepararlles esta receita os cativos da casa, imos a precisar:

320 grs de espaguetis
350 grs de carne picada
3 tomates
2 ceboletas pequenas
2 dentes de allo
Pirixel picado
1 ovo
Miga de pan
Leite
Aceite de oliva
Sal e pementa

Comenzamos pelando os tomates e cortando en anacos pequenos. Reservamos
Picamos as ceboletas e un dente de allo. Nunha cazola sofritimos as ceboletas, cando estas xa estean engadimos o allo e os tomates. Salpimentamos e incorporamos o pirixel picado. Deixamos facer o prebe uns 10 minutos.
Mentres se fai, desmiuzamos a miga do pan (o equivalente a dúas rebandas de pan de molde) e mollamos con leite. Deixamos que a miga absorba a leite.
Nun bol mesturamos a carne ca miga, co ovo batido, cun dente de allo moi picado, cun pouco de pirixel moi picado tamén, sal e pementa. Mesturamos ben até que todos os ingredientes estean ben integrados.
Facemos unhas porcións pequenas, pasamos por fariña (sacudindo o exceso) e fritimos para douralas.
Pasamos as albóndegas ó prebe de tomate e deixamos cocer uns 10 minutos.
Facemos os espaguetis seguindo as instrucións do fabricante. Escoamos e engadimos o conxunto das albóndegas.
Coma xa dixen os máis peques van a desfrutar con este plato de pasta.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito