Ir al contenido principal

Espetos de langostinos

Ir á receita en castelán

Seguindo a iniciativa de Helena del Valle, do blog Mi puchero, comparto esta receita con #recetasSolidariasParaNavidad.
Hoxe vimos cun petisco moi sinxelo e de rápida preparación.
Imos a usar como único produto sólido o langostino. Produto este que socializou o uso do marisco nas nosas casas, polo seu custo e polo seu fácil manexo. É corrente velo como produto secundario en arroces, ensaladas, pratos de pasta, con peixes, etc. Pero nesta receita é o produto principal.
Mentres poñedes a mesa o petisco faise (se usades a opción do forno).
Pois postos no traballo necesitaremos:

Langostinos crus
Pementón agridoce de La Vera
Sal Maldón en escamas
Aceite de oliva virxe extra

Pelamos os langostinos (xa sabedes que as cabezas e as peladuras, podémolas conxelar para outra preparación) e ensartámolos no espeto.
A partir de este momento temos dúas opcións: facelas á prancha ou facelas no forno.
Se escollemos a primeira opción farémolas nunha prancha polos dous lados.
Vantaxe: bonita cor das comidas feitas á prancha.
Inconveniente: cociña chea de fume e olores (a pesares da campá extractora).
Se optamos polo forno, poñemos os espetos nunha bandexa axeitada e introducimos no forno prequecido a 200º uns 10-15 minutos.
Vantaxe: nen fumes nen olores.
Inconveniente: perdemos esas cores da prancha, pero quédalle unha bonita cor rosada.
As que aparecen nas fotos fixéronse á prancha, as que levei á mesa no forno.
Unha vez cociñadas, de calquera das dúas maneiras, salgamos ca sal en escamas, botamos o pementón e regamos co Aceite de oliva virxe extra.
Se queredes podedes acompañalas de un prebe rosa.
Eu o que fixen foi unha maionesa cunha punta de allo, que complementaba moi ben co pementón e o aceite.
Servir quente e a gozar do petisco.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito