Ir al contenido principal

Lingotes e bizcoitiños de castaña

Ir á receita en castelán


  • 600 Grs. de castañas crúas e peladas
  • 1/2 litro de leite 
  • 150 Grs. de azucre 
  • 50 Grs. de manteiga 
  • 4 Ovos 
  • 1 Copiña de ron 
  • 1 Cullerada de cacao en po 
  • 1 Pizca de sal 
  • 1 Cullerada de azucre glas 
  • A reladura dun limón


Novembro, mes de Santos e castañas, mes de morogos nos érvedos, mes de fogueiras e fume en Ourense, mes de castañas e chourizos asados, mes no que o viño tinto novo empeza a manchar as camisas, mes por encima de todo, no que o verao se despide e da a entrada ó inverno nesta ancestral festa dos magostos en Ourense.
Esta festa trae un montón de recordos do tempo de mocidade, no meu caso ai tres días, de subida ó monte, de ver quen prendía o lume máis grande, de ver que fogueira facía máis fume, de ver aquel Ourense rodeado de fume (purificador non de incendios), e contra a noite, baixada de todos os mozos e mozas cara a Alameda do Cruceiro, cas caras tiznadas e as roupas cheirando a fume, onde a festa seguía o redor dunha enorme fogueira. Soamente son recordos, hoxe todo parece esvaecido.
Ben pois como é mes de castañas e hoxe é 11 de novembro, imos a facer esta sobremesa con cores e sabor a outono, con toda a intensidade da castaña.
Cas medidas que dou sae unha torta para un molde de 26 cms. Saen uns nove lingotes e uns 16 bizcoitiños como os da foto.
O primeiro que temos que facer é a tarefa máis pesada do proceso: pelar as castañas.Cóntovos un método con truco para facelo máis cómodo. Sacamos a pel máis dura da castaña e as poñemos nunha cazola cubertas de auga fría. Poñemos ó lume arrancando a cocción de frío. TRUCO: engadimos á auga da cocción unha cullerada de aceite, veredes coma se desprende moi facilmente a pel.
Unha vez peladas procedemos a cocer as castañas no leite cunha pouca sal uns 25 minutos, escoamos e facemos puré cando aínda estean quentes. Eu fago o puré cun garfo, quero unha textura con algún tropezón de castaña.
Separamos as xemas das claras e traballamos as xemas co azucre e a manteiga reblandecida até obter unha crema fina.

Engadimos o ron, o puré de castañas, o cacao e a reladura da pel do limón.
Montamos as claras a punto de neve, cun belisco de sal, as engadimos a modo a mestura anterior, mesturando ben de abaixo para arriba.
Prequecemos o forno a 190º, untamos o molde con manteiga (si é de silicona no é necesario), vertemos a mezcla no molde e introducimos no forno entre 40 ou 45 minutos (cada forno é un mundo). Si se quemaise pola parte superior, tapamos con papel de aluminio. Deixar arrefriar e desmoldar. Se facedes torta podedes botarlle por riba azucre glas.

Teredes unha sobremesa cas cores e todo o sabor do outono na vosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito