Ir al contenido principal

Tosta III Xuntanza Bloggers Galicia

Ir á receita en castelán

Xa sabedes que o día 19 do pasado mes de outubro, celebramos en Maceda (Ourense) e no Castelo de Maceda, a III Xuntanza de Bloggers Gastronómicos de Galicia.
Pois ben, esta tosta pretende ser un agradecemento a Coren, Aceites Abril e Ponte da Boga colaboradores cos seus produtos nesta Xuntanza. Agradecemento a Carlos Parra polo seu ben facer ó fronte da cociña do Castelo de Maceda e por todas as facilidades que nos deu para celebrar esta Xuntanza. E por suposto de agradecemento a todos os bloggers participantes, que sen a súa presenza de nada houberan valido os esforzos de colaboradores, cociñeiro e organizadores.
É unha tosta moi sinxela, pero chea de matices e sabores e necesitaremos:

Xamón Selecta Coren
Aceite de oliva virxe extra Abril
Boletus edulis
Romeiro
Sal Maldón
Pan de Cea
Maridaxe con Mencía Ponte da Boga

Coma primeiro paso procedemos a limpar ben os boletus e cortamos en anacos.
Poñemos o aceite de oliva virxe extra Abril a quecer sen que pase dos 50-60 grados e poñemos os boletus a confeitar, ca rama do romeiro, durante unha hora aproximadamente a lume moi morno, para que o aceite non suba de temperatura.
Cortamos o pan de Cea en rodelas e levamos ó forno a 200º uns cinco minutos partindo de forno frío.
Cortamos o xamón Selecta Coren en lascas.
Sobre a tosta poñemos as lascas do xamón, que acompañaremos dos boletus confeitados e deixaremos que ese aceite dos boletus, nos molle o pan e o xamón.
Servimos a tosta acompañada de unha copa de mencía Ponte da Boga.
Esta é unha tosta de #comamoscomagalegos.






Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito