Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2013

Pementos baby en tempura recheos de morcilla, queixo do país e tomates secos

Ir á receita en castelán O outro día estando a facer a compra, na sección de vexetais, e topeime con uns pementos baby que me estaban a dicir que os levara. E así foi, non sabía moi ben o que ía a facer con eles, pero foron a parar ó carro da compra. Os pementos eran amarelos e vermellos, e viñan envasados baixo o nome de unha coñecida marca que envasa moitos vexetais frescos. Xa con eles na casa e ó abrir a neveira e ver os seus habitantes, dixen: morcilla de Burgos, queixo do país, tomates secos. Mans á obra e para elo imos a precisar (sen medidas, cada quen o seu gusto): Pementos baby Morcilla de Burgos Queixo do país Tomates secos Fariña Auga xeada Sal Pois con todo isto por riba da mesa, comencei por cortar o queixo en anacos, picar os tomates secos e sacar a morcilla da súa pel e picala. Nunha tixola votamos a morcilla picada, a que saltearemos, a continuación incorporamos os tomates picados, damos unhas voltas para mesturar ben ca morcilla, e por último o queix

Arroz con carne de porco Selecta. Receitas Selecta

Ir á receita en castelán Doulle unha volta a unha receita que xa fixen fai algún tempo, pero nesta ocasión usando carnes de porco da marca Selecta de Coren . Trátase de porcos alimentados de xeito tradicional con castañas. Unha carne de produción galega e que consigue o certificado de Produto Galego de Calidade. Pois aí vai o que nos faría falla para 4 racións, aproximadamente, cada quen o que máis lle guste: 300 grs de arroz bomba 200 grs de lombo de porco Selecta Coren 1 chourizo de Selecta Coren 200 grs de touciño 1 cebola 3 dentes de allo 1 tomate 100 ml de viño branco Ribeiro Pementón agridoce de La Vera Aceite de oliva, sal e pementa Coma primeiro paso coceremos uns minutos o chourizo nunha pouca auga, para quitarlle o exceso de graxa e non nos estrague o arroz ca mesma. Quitámoslle o coiro ó touciño e picamos en tiras, cortamos en dados o lombo e en rodelas o chourizo xa cocido. Picamos a cebola, os allos e relamos o tomate. Nunha cazola, cun pouco de a

Biscoitos de ceboleta con bonito marinado

Ir á receita en castelán Como estamos no tempo de comer bonito, pois a súa tempada está en pleno apoxeo, imos a dedicarlle un pouco de tempo nas nosas mesas, a este prezado e saboroso peixe. Con esta receita, participei no III Concurso de Receitas con Bonito de Burela, no que a gañadora foi Natalí Farnández Cacho. Hai un montón de preparacións de este peixe, que por si fan un prato único, pero o que eu pretendo con esta receita, é facer un agradable petisco para este tempo de verán. Pois entón imos a precisar: 2 boas rodelas de bonito PARA O BISCOITO 25 ml de aceite 2 ovos 50 ml de leite 100 grs de fariña 1/2 cullerada de lévedo Royal 2 ou 3 ceboletas (segundo tamaño) Sal PARA O MARINADO 2 limóns (o zume) Aceite de oliva 2 dentes de allo Ourego Pementa negra Sal Comenzamos por facer os dados de bonito, para elo retiramos a pel das rodelas do peixe e sacamos limpas as catro porcións que nos da cada rodela. Procedemos a cortar as porcións en dados. Nun reci

Timbal de patacas, piquillos e bacallau

Ir á receita en castelán Hai uns días, comendo bacallau en Leboreiro na Serra da Peneda, veume á cabeza unha receita que vira xa fai algún tempo nunha revista e que no seu momento, pareceume que tiña unha combinación de sabores que poderían ser interesantes. Creo recordar que había varias receitas de bacallau e que estaba patrocinado por Mar de Noruega. Pois ben, con esta receita, un pouco máis elaborada que as poucas que fixen no verán, quero dar por aberto este novo período despois das vacacións. Entón se queredes facer este prato, teredes que ter: 600 grs de bacallau desalgado 3 patacas 2 dentes de allo Pementos do Piquillo Maionesa Azucre Sal, pementa e aceite de oliva Poñemos a cocer as patacas con pel e cando estean, pasámolas por auga fría para deter a cocción. Pelámolas e cortamos en cadrados pequenos. Reservamos Os dous dentes de allo poñémolos (con pel) nun cazo pequeno, con aceite, a lume moi brando, até que comencen a dourarse, momento no que os retiraremos,